
FICHA PERSOAL
Nome e apelidos: María Benita Collazo Malvar
Nacemento: Salcedo, 25.I.1778
Bautismo: Salcedo, 25.I.1778
Pai: Benito Collazo Garrido
Nai: Andrea Malvar Pinto
Matrimonio: (1º) Pazo arcebispal de Santiago de Compostela, 22.XII.1794 | (2º) 1799
Cónxuxe: (1º) Miguel Obarrio Montenegro, I conde da Tormentosa | (2º) Ventura Escalante Bruin
Fillos: (1º) sen sucesión | (2º) sen sucesión
Defunción: ca. 1808
Enterramento: –
Padriño: Lope Antonio de Canda
Madriña: María Benita Salgueiro
Título nobiliario: I condesa da Tormentosa
Nº na árbore xenealóxica: –
NOTAS BIOGRÁFICAS
Aos quince anos foi prometida en matrimonio co noiés Ramón Boán, malia que o enlace non se acabou producindo. Ao ano seguinte, en 1794, casou -por poderes- con Miguel Obarrio Montenegro, I conde da Tormentosa, nunha cerimonia bendita polo seu tío, Frei Sebastián Malvar e Pinto, arcebispo de Santiago de Compostela, no propio Pazo arcebispal.
A súa vida na Corte madrileña rematou ao falecer Miguel Obarrio en 1797, momento no que volve ao Reino de Galicia a residir no Palacete do Cruceiro (Salcedo) cos seus pais.
Dous anos despois, a finais de 1799, casou con Ventura Escalante Bruin, membro do Consello Supremo de Guerra, falecendo antes de 1808 sen sucesión de ningún dos seus enlaces.
