Fundación Malvar

234 anos na historia de Galicia

  • Instagram
  • Facebook
  • X

Salcedo é, actualmente, unha das trece parroquias rurais do concello de Pontevedra. Ubicada ao sur do municipio estrema coas parroquias de Tomeza polo leste e Lourizán polo oeste. Esténdese polo norte ata a ría de Pontevedra, polos lugares de Mollavao e Campolongo -integrados xa no casco urbano-, e polo sur ata os concellos de Marín e Vilaboa.

En 1752, ao tempo da elaboración do Catastro do marqués de la Ensenada, Salcedo pertencía á Xurisdición de Pontevedra, dentro da extensa e antiga provincia de Santiago:

"San Martín de Salzedo tendrá de Levante a Poniente un quarto de legua, de Norte a Sur una legua, y de circunferencia tres leguas, y horas de camino; confronta al Levante con la de Tomeza y Santa Columba [de Bértola], Poniente San Andrés de Lourizán y San Julián de Marín, Norte el término de esta villa [de Pontevedra], y Mediodía la feligresía de Figueirido; y todas dichas feligresías según van descritas y limitadas están todas continentes seguidas y unidas las unas a las otras."

A parroquia, baixo a advocación relixiosa de San Martiño de Tours, tivo unha distribución variable do territorio ao longo dos séculos, sendo actualmente vintedous os lugares establecidos: A Almuíña, A Armada, Birrete, Cabanas, O Campo da Porta, A Cancela, A Carballa, A Carballeira, O Carballo do Pazo, O Carramal, O Casal, A Costa, O Cruceiro, A Esculca, A Igrexa, Matalobos, A Muimenta, O Nabalexo, A Ruibal, San Brais, O Xistro e A Ponte do Couto.

Ao tempo, tamén foron moitos os lugares acasarados que quedaron anexionados a outros de maior extensión ou entidade rural, como o caso da Saxosa, O Gandarón, O Outeiro, Novás, Os Cousos, As Candosas, A Raposa, A Lagoa, O Baceliño ou O Ralo. Outros, como A Ponte Nova, Mollavao ou Campolongo simplemente foron integrados na cidade, coa súa expansión urbana; mentres que o actual lugar da Igrexa foi creado ex novo arredor do templo católico parroquial.

Coa chegada do municipalismo constitucional creóuse o concello de Salcedo, formado polas parroquias de Salcedo e Lourizán, etapa que durou dende 1841 ata 1869, momento no que se producíu a súa integración no concello de Pontevedra.

Salcedo conta cun rico patrimonio cultural -tanto civil como relixioso- e natural -veciñal e privado-, froito da súa ubicación na vía romana XIX e do seu devir histórico. Exemplos son os pazos de Gandarón, Os Miradores, Vilar de Matos -sede do antigo concello de Salcedo- ou Campolongo -hoxe trasladado a Madrid-; as granxas da Raposa, do Ralo, de Matalobos e de Areal -esta última destruída para a construción da AP-9-; o Mesón de Batocos, a Igrexa parroquial de San Martiño, a Capela de San Brais ou a desaparecida Capela dos Santos de Mollavao. Completan o conxunto os muíños dos ríos Batán e Gafos e os restos arqueolóxicos das Croas, Cabanas e A Esculca, xunto cos diversos espazos naturais dos montes veciñais en man común.

Nas seguintes seccións achegamos diversas informacións arredor de Salcedo como entidade territorial propia:

A arquitectura tradicional

 

Cargando comentarios...
 

    • Subscrición Subscrito
      • Fundación Malvar
      • Already have a WordPress.com account? Log in now.
      • Fundación Malvar
      • Subscrición Subscrito
      • Rexistro
      • Iniciar sesión
      • Copy shortlink
      • Report this content
      • View post in Reader
      • Administrar as subscricións
      • Collapse this bar