FICHA DE DESCRICIÓN:
| 1. ÁREA DE IDENTIFICACIÓN | |
| 1.1. Código de referencia: | ES/GA/36038/AFM/CALB/SFS/SSMTSP/000001 |
| 1.2. Título: | Elección dos cargos do Concello, Xustiza e Rexemento da vila de Castilleja de la Cuesta (Sevilla), por designación de María Teresa de Silva e Palafox, marquesa de Ariza, como titora do seu fillo Carlos Miguel Fitz-James Stuard e de Silva, duque de Alba de Tormes |
| 1.3. Datas: | |
| Creación: | 1807/12/24 |
| 1.4. Nivel de descrición: | Unidade documental |
| 1.5. Volume e soporte: | 3 follas (unha solta e un prego) |
| 2. ÁREA DE CONTEXTO | |
| 2.1. Nome da produtora: | María Teresa de Silva e Palafox, marquesa de Ariza |
| 2.2. Historia institucional / Biografía: | Vid. Notas biográficas |
| 2.3. Historia arquivística: | Vid. Casa de Alba |
| 2.4. Forma de ingreso: | O documento foi adquirido e depositado por Ernesto Vázquez-Rey Farto |
| 3. ÁREA DE CONTIDO E ESTRUTURA | |
| 3.1. Alcance e contido: | Vid. Casa de Alba |
| 3.2. Valoración, selección e eliminación: | Non se practicou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testemuñal e informativo, e para o estudo histórico e xenealóxico de Galiza |
| 3.3. Novos ingresos: | No fondo documental da Casa de Alba non existen máis documentos desta produtora, mais cabe a posibilidade de achar máis documentación noutros fondos |
| 3.4. Organización: | O sistema de clasificación seguido para o fondo documental é o modelo sistémico |
| 4. ÁREA DE CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN | |
| 4.1. Condicións de acceso: | Acceso libre coas únicas restricións impostas pola lexislación vixente |
| 4.2. Condicións de reprodución: | Reprodución limitada polo estado de conservación |
| 4.3. Lingua(s) / Escritura dos documentos: | |
| Lingua: | Castelán |
| Tipo de Letra: | Impresa e manuscrita |
| 4.4. Características físicas e requisitos técnicos: | Estado de conservación da documentación: bo |
| 4.5. Instrumentos de descrición: | Fichas de descrición / Base de datos |
| 5. ÁREA DE DOCUMENTACIÓN ASOCIADA | |
| 5.1. Existencia e localización de orixinais: | O Arquivo da Fundación Malvar conserva o documento orixinal |
| 5.2. Existencia e localización de copias: | _ |
| 5.3. Unidades de descrición relacionadas: | Relacionado cos fondos do Arquivo da Fundación Casa de Alba |
| 5.4. Nota de publicacións: | _ |
| 6. ÁREA DE NOTAS | |
| 6.1. Notas: | Documento de designación de José Navarro Montaño, como alcalde ordinario; de José Ortiz Bázquez, como alguacil maior; de Antonio López Ramírez e Diego Negrón, como rexedores; de Juan de Chaves Pérez, como mordomo do Concello e depositario do pósito; de José Beltrán, como síndico procurador xeral, pai de menores e defensor de ausentes; de Juan Ortiz, como alcalde da Santa Hermandad polo estado nobre; de José Oliver Tobar, como alcalde da Santa Hermandad polo estado xeral; e de Juan de Aguilar e José Villadiego, como ministros ordinarios |
| 7. ÁREA DE CONTROL DA DESCRICIÓN | |
| 7.1. Nota da(s) arquiveira(s): | Descrición realizada por Ángel Arcay Barral e Ernesto Vázquez-Rey Farto |
| 7.2. Regras ou normas: | Grupo de Arquiveiros de Galicia: Norma galega de descrición arquivística (NOGADA), 2010 |
| 7.3. Data(s) da(s) descrición(s): | 2023/03/10 |
_
Imaxe da portada: “Elección dos cargos do Concello, Xustiza e Rexemento da vila de Castilleja de la Cuesta (Sevilla), por designación de María Teresa de Silva e Palafox, marquesa de Ariza, como titora do seu fillo Carlos Miguel Fitz-James Stuard e de Silva, duque de Alba de Tormes” (detalle), 1807. Arquivo da Fundación Malvar.
