FICHA DE DESCRICIÓN:
| 1. ÁREA DE IDENTIFICACIÓN | |
| 1.1. Código de referencia: | ES/GA/36038/AFM/CEIR/SGT/SSMTGT/000001 |
| 1.2. Título: | Doazón dunha casa en Noia, outorgada por María Gregoria de Cea a favor da súa filla María Tomasa García Taboada |
| 1.3. Datas: | |
| Creación: | 1801/05/16 |
| 1.4. Nivel de descrición: | Unidade documental |
| 1.5. Volume e soporte: | 2 follas (con carpetiña posterior) |
| 2. ÁREA DE CONTEXTO | |
| 2.1. Nome da produtora: | María Tomasa García Taboada |
| 2.2. Historia institucional / Biografía: | Vid. Notas biográficas |
| 2.3. Historia arquivística: | Vid. Casa das Eiroas |
| 2.4. Forma de ingreso: | O fondo foi depositado no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, en 1997, como transferencia extraordinaria |
| 3. ÁREA DE CONTIDO E ESTRUTURA | |
| 3.1. Alcance e contido: | Vid. Casa das Eiroas |
| 3.2. Valoración, selección e eliminación: | Non se practicou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testemuñal e informativo, e para o estudo histórico e xenealóxico de Galiza |
| 3.3. Novos ingresos: | Malia que no fondo documental da Casa das Eiroas non existen máis documentos desta produtora, cabe a posibilidade de achar máis documentación noutros fondos |
| 3.4. Organización: | O sistema de clasificación seguido para o fondo documental é o modelo sistémico |
| 4. ÁREA DE CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN | |
| 4.1. Condicións de acceso: | Acceso libre coas únicas restricións impostas pola lexislación vixente |
| 4.2. Condicións de reprodución: | Reprodución limitada polo estado de conservación |
| 4.3. Lingua(s) / Escritura dos documentos: | |
| Lingua: | Castelán |
| Tipo de Letra: | Manuscrita |
| 4.4. Características físicas e requisitos técnicos: | Estado de conservación da documentación: regular |
| 4.5. Instrumentos de descrición: | Fichas de descrición / Base de datos |
| 5. ÁREA DE DOCUMENTACIÓN ASOCIADA | |
| 5.1. Existencia e localización de orixinais: | No Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra está custodiada a escritura matriz, no protocolo do notario de Baiona Pascual de Orosa: Caixa 2635, p. 43 |
| 5.2. Existencia e localización de copias: | No Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra existe unha copia simple: Sinatura 12928/22 Existe unha copia no Arquivo da Fundación Malvar |
| 5.3. Unidades de descrición relacionadas: | Relacionado cos fondos do Arquivo da Fundación Malvar, do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra |
| 5.4. Nota de publicacións: | _ |
| 6. ÁREA DE NOTAS | |
| 6.1. Notas: | Doazón dunha casa na rúa Mazacáñamos da vila de Noia (A Coruña) Nº Inventario FM: D.1 |
| 7. ÁREA DE CONTROL DA DESCRICIÓN | |
| 7.1. Nota da(s) arquiveira(s): | Descrición realizada por Ángel Arcay Barral e Ernesto Vázquez-Rey Farto |
| 7.2. Regras ou normas: | Grupo de Arquiveiros de Galicia: Norma galega de descrición arquivística (NOGADA), 2010 |
| 7.3. Data(s) da(s) descrición(s): | 2022/06/19 |
_
Imaxe da portada: “Doazón dunha casa en Noia, outorgada por María Gregoria de Cea a favor da súa filla María Tomasa García Taboada” (detalle), 1801. Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra.
